Todo listo para iniciar os Campamentos de Verán en Quiroga

Imaxe de arquivo dos participantes nunha edición dos Campamentos de Verán de Quiroga. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo dos participantes nunha edición dos Campamentos de Verán de Quiroga. Arquivo EC.

• Dende o 1 de xullo e ata o 31 de agosto, Quiroga desenvolverá os tradicionais Campamentos de Verán, unha iniciativa lúdica e formativa destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos. As actividades, dunha hora de duración cada unha, desenvolveranse de luns a venres en horario de 11 a 14 horas. Cada grupo de participantes contará con catro monitores e unha supervisora, e durante as actividades de piscina disporán de socorristas especializados, que atenderán as clases de natación.

Os participantes nos Campamentos de Verán de Quiroga deberán asistir ás actividades equipados con mochila, toalla, bañador, chanclas, crema solar, un pequeno tentempé, auga, muda e unha gorra.

Os participantes de 3 a 5 anos realizarán actividades de expresión plástica, pequexogos, natación, expresión matemática, xogos dirixidos, expresión corporal, xogos na piscina, contacontos e expresión musical.

Pola súa banda, a oferta para nenos e nenas de 6 a 8 anos inclúe obradoiros manuais, xogos do mundo, natación, reforzo escolar, xogos dirixidos, obradoiros para pensar, xogos na piscina, xogos de coñecemento, ximcana na piscina, obradoiros plásticos e un espacio para xogo libre.

Asimesmo, os participantes de 9 a 12 anos disfrutarán de xogos de mesa, natación, xogos e deportes, ximcana e xogos na piscina, ademais de contar con reforzo escolar, actividade de coñece o mundo, arts & crafts, e unha saída ao aire libre de dúas horas de duración cada venres.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Julio Álvarez inicia o seu oitavo mandato á fronte da Alcaldía de Quiroga

Seguinte Nova

O GDR Ribeira Sacra organiza a comezos de xullo as II Xornadas de Xeoloxía en Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: