Música, libros e conferencias en torno ao patrimonio nas XXVIII Xornadas do Románico de Pantón

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Pantón completou este mes a programación das XXVIII Xornadas do Románico, que incluíron, como vén sendo habitual, unha ampla variedade de eventos, en torno ao noso patrimonio cultural e monumental. Nesta edición, a conferencia do profesor Juan Ortiz Sanz, docente na Escola Politécnica de Lugo da USC, serviu para reflexionar sobre a esencia deste tipo de xornadas. Ortiz, experto en arquitectura tradicional, falou sobre a esencia desta arquitectura, que responde de xeito natural á solución que os seres humanos atopan para resolver a habitabilidade e a industria doméstica en cada zona. Esta «edificación do sentido común», se podemos chamala así, está lonxe da coñecida como arquitectura oficial ou académica, a que estamos afeitos a contemplar cando falamos de arte. A conferencia de Ortiz lembrou algo que é sustancial ás xornadas do Románico de Pantón, e que reside na posta en valor do noso patrimonio, do xeito, único e específico, en que os homes e mulleres desta contorna resolveron a loita e a adaptación ao medio. As súas solucións, como demostrou o profesor Ortiz, aínda están de moda, e son estudiadas nas universidades para aplicalas ao mundo moderno. Aínda máis, a arquitectura popular debuxa tamén a paisaxe, con esa fonda pegada de identidade coa terra e coa vida que subsiste en cada territorio.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Constituída a nova Corporación Municipal de Bóveda

Seguinte Nova

José Luis Álvarez inicia o seu terceiro mandato con maioría absoluta

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: