Iván Vázquez, novo secretario local do PP de Monforte

Julia Rodríguez e Iván Vázquez, durante unha reunión do Partido Popular de Monforte na sede desta formación. (Foto cedida)
Julia Rodríguez e Iván Vázquez, durante unha reunión do Partido Popular de Monforte na sede desta formación. (Foto cedida)

Nunha reunión celebrada a comezos deste mes, o Partido Popular de Monforte acordou por unanimidade que Iván Vázquez sustitúa a Francisco Cela como secretario local desta formación. Según informaron dende a agrupación local, Cela abandona o cargo «por motivos persoais», aínda que seguirá como concelleiro. Pola súa banda, Iván Vázquez agradeceu «a confianza do partido» e comprometeuse a traballar «hacia dentro e hacia fóra para que o PP sexa o partido solvente, forte e unido que sempre foi».

Iván Vázquez Rodríguez, enxeñeiro agrónomo de 44 anos, é xefe del área de servizos agrarios de Monforte. Foi director do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte. Na nova Corporación municipal, forma parte do Grupo Municipal do PP como concelleiro.

JULIA RODRÍGUEZ VE NECESARIO «UN CAMBIO DE RUMBO» LOGO DOS RESULTADOS NAS MUNICIPAIS. A portavoz e presidenta do PP de Monforte, Julia Rodríguez, animou ao partido «a non tirar a toalla e seguir traballando para recuperar a confianza dos cidadáns de cara ás eleccións xerais». Ademais, o partido analizou os resultados dos comicios municipais, nos que o PP «non obtivo o respaldo esperado», polo que Julia Rodríguez anunciou a necesidade de levar a cabo «un cambio de rumbo que nos achegue de novo aos cidadáns e ás súas preocupacións». «Tíñamos deseñado un proxecto de cidade baseado no rigor, e este será o mesmo concepto que centre o noso traballo de oposición nos vindeiros catro anos», suliñou a voceira popular.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta financia con 30.000 euros os traballos arqueolóxicos da USC en Cova Eirós

Seguinte Nova

Intensa actividade lúdica e cultural durante o mes de xullo en Quiroga

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: