A Ribeira Sacra, protagonista dun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Celebrouse en Santiago a mediados deste mes Un equipo de expertos elaborarán cos resultados o documento técnico para defender diante da UNESCO a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Intervención no curso da UIMP do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, acompañado pola presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo; o director da UIMP en Galicia, Domingo Bello Janeiro; e o Valedor do Pobo, José Julio Fernández. GPXG.
Intervención no curso da UIMP do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, acompañado pola presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo; o director da UIMP en Galicia, Domingo Bello Janeiro; e o Valedor do Pobo, José Julio Fernández. GPXG.

• A Ribeira Sacra e a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade foi o tema dun curso celebrado en Santiago de Compostela do 15 ao 18 de xuño. Baixo o título «A Ribeira Sacra. Protección dun paisaxe natural. Candidato a Patrimonio Mundial», este curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en Galicia congregou a diversos expertos para avanzar nos pasos técnicos e administrativos que reforcen esta iniciativa.

ROMÁN RODRÍGUEZ: «ESTIMAREMOS MELLOR AS CONDICIÓNS DE AUTENTICIDADE E INTEGRIDADE DA RIBEIRA SACRA»

Durante as diversas sesións do curso, un equipo multidisciplinar de expertos composto por xeógrafos, edafólogos, xuristas, historiadores e arqueólogos analizaron distintos aspectos da Ribeira Sacra, co fin de elaborar un documento técnico que sustente esta candidatura diante da UNESCO.

Na sesión inaugural, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, explicou que as xornadas servirán para «estimar mellor o Valor Universal Excepcional e as condicións de autenticidade e integridade que ten a Ribeira Sacra para a súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO».

A XUNTA, COMPROMETIDA PARA DECLARAR Á RIBEIRA SACRA BEN DE INTERESE CULTURAL

Nesta liña, o conselleiro comprometeuse a prestar «todo o apoio e asesoramento técnico necesario aos promotores da candidatura, e a actuar coa máxima dilixencia na súa tramitación e supervisión». Román Rodríguez asegurou tamén que o seu departamento está «comprometido» coa incoación do expediente para declarar esta zona Ben de Interese Cultural coa consideración de territorio histórico xa que, segundo explicou, «trátase dun paso previo imprescindible para avanzar cara a declaración de Patrimonio da Humanidade».

«CLARA VERTENTE SOCIOECONÓMICA» DA POSTA EN VALOR DESTA PAISAXE

Según explicou o conselleiro de Cultura e Educación, a preservación e posta en valor destas paisaxes «vai máis aló dunha necesidade patrimonial ou ecolóxica», e ten unha «clara vertente socioeconómica», xa que «unha correcta xestión dos nosos recursos naturais e patrimoniais depende, en gran parte, o desenvolvemento sostible do país».

Neste sentido, Román Rodríguez lembrou que a nova Lei do patrimonio cultural de Galicia, que está elaborando o seu departamento, vai converterse «nun mecanismo esencial que mellorará a xestión e a realidade patrimonial, a eficiencia administrativa e a seguridade xurídica».

Ao longo deste curso, expertos en diferentes materias reflexionaron sobre aspectos como a xeografía da paisaxe da Ribeira Sacra, a sociodemografía, o monacato como eixo histórico desta zona, as particularidades dos solos e a xestión dos monacatos e prioratos da contorna. Tamén se falou sobre a protección xurídica da paisaxe, en especial baixo a categoría de Patrimonio da Humanidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas piden á Xunta que arranque en setembro unha sección de Inglés no IES Lama das Quendas de Chantada

Seguinte Nova

A Coral Samoeiro de A Pobra actuou na Residencia de Maiores do Malecón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: