•A Feira Tradicional Outrora de Rubián-Bóveda estreará unha concentración de bicicletas antigas

A cita será o 14 de xullo Haberá premios para os dous vehículos de dúas rodas mellor conservados

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Un amplo programa de actividades animarán a celebración da XIII Feira Tradicional Outrora, que se celebrará o vindeiro 14 de xullo en Rubián.

I CONCENTRACIÓN BICIS ANTIGAS CON PREMIOS E AGASALLOS

Dende o Concello de Bóveda anunciaron como novidade deste ano a I Concentración-Exhibición de Bicicletas Antigas, unha orixinal iniciativa para os amantes dos vehículos de época, e que require inscrición previa no Concello. Todos os propietarios que participen coas súas bicicletas antigas recibirán un agasallo da organización, que recoñecerá cun primeiro e segundo premio ás bicicletas mellor conservadas.

OBRADOIROS, ANIMACIÓN INFANTIL E DEMOSTRACIÓNS PARTICIPATIVAS

Ademais, e como todos os anos, a Feira Tradicional Outrora ofrecerá diversas iniciativas para facer desta cita un evento dinámico e participativo.

En primeiro lugar, dende o Concello de Bóveda convidan a veciños e visitantes a acudir vestidos de época, con traxes e atavíos conforme ao ambiente rural galego de finais do século XIX e comezos do XX.

Unha vez na feira, os asistentes poderán disfrutar de obradoiros de artesanía, a festa da espuma, maxia, tiro con arco, demostracións participativas dos oficios tradicionais, música e etnografía, nunha xornada completa de animación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober contará cun novo vial entre o colexio e o centro de saúde

Seguinte Nova

• ATA O 26 DE XUÑO PARA INSCRIBIRSE NO CAMPAMENTO DE VERÁN DE BÓVEDA

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: