As piscinas de Chantada, a tempo para este verán

As obras de remodelación e construcción das novas piscinas municipais do concello de Chantada avanzan a bo ritmo. Fai uns días foron os propios técnicos os encargados de supervisar ditas obras, que xa comezaron hai aproximadamente un mes, para asegurarse de que pese ás malas condicións meteorolóxicas, non surxan inconvintes a maiores. Deste xeito, as antigas piscinas xa foron derruidas e tamén xa se construiron os novos vasos. O que falta agora sería a realización dos muros co seu correspondente armado e tamén a inclusión do sistema impermeabilizante. A continuación, procederase á colocación dun pavimento poroso, ao peche perimetral das instalacións, implantación de duchas e unha pequena caseta onde se colocarán as bombas e o sistema de filtración. Pola súa parte, as piscinas estarán ubicadas no mesmo lugar que as anteriores e terán as mesmas dimensións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Axudas para os viñedos: Reestructuración e reconversión da viña

Seguinte Nova

A candidata do PP de Monforte estreou oficina

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: