Aberto o prazo de inscrición no Programa Deportivo de Verán do Concello de Monforte

Un momento do Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, unha das actividades que integran o Programa Deportivo do Verán en Monforte. (Arquivo EC).
Un momento do Campus de Baloncesto Cidade de Monforte, unha das actividades que integran o Programa Deportivo do Verán en Monforte. (Arquivo EC).

• Dende o día 8 deste mes está aberto o prazo para inscribirse nas actividades do Programa Deportivo de Verán que organiza o Concello de Monforte. As dez actividades desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, xestionadas directamente polo Concello ou ben por diferentes clubes e entidades deportivas.

CAMPAMENTO DE VERÁN
Esta actividades, para nenos e nenas de 5 a 14 anos, realizarase durante o mes de xullo, cunha primeira quenda ata o día 15 e unha segunda ata o 31. Desenvolverase nas Instalacións Deportivas Municipais da Pinguela, Parque dos Condes e As Lamas entre as 10 e as 14 horas. Os participantes realizarán actividades deportivas e talleres lúdico-culturais. O prezo por quenda sen transporte é de 51,75 euros, e con transporte de 67,28 euros, e sobre estas tarifas aplicarase un desconto do 50 % a familia numerosa.

IX CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE
O IX Campus de Fútbol Cidade de Monforte, para nenos e nenas de 7 a 14 anos, celebrarase no Campo Municipal Luis Bodegas do 3 e o 7 de agosto, de 10 a 13 horas. O R.C. Celta de Vigo e a Fundación Celta encargaranse da organización das sesión de adestramento. A inscrición, de 26,91 euros por alumno, inclúe equipación deportiva con camiseta, pantalón e calcetíns, que será obrigatorio levar durante tódolos días da actividade.

I DEPOR CAMPUS – MONFORTE
O R.C. Deportivo da Coruña e o C.P. Calasancio organizan por vez primeira un campus de fútbol do 27 ao 31 de xuño, para nenos e nenas de 6 a 15 anos. Será nas instalacións dos Escolapios, en horario de 10 a 14 horas. O prezo é de 100 euros, con descontos do 20% para participantes do C.P. Calasancio, familias con dous membros en paro, e irmáns. Inclúe equipación deportiva.

CAMPUS DE XIMNASIA RÍTMICA
Está organizado polo Club de Ximnasia Rítmica Quicela, do 29 de xuño ao 4 de xullo, de 10 a 20 horas no Pavillóns dos Institutos. Vai dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos.
Máis información e inscricións no teléfono 620 51 95 33.

IV CAMPUS DE BALONCESTO
Este campus, organizado e dirixido polo C.B. Val de Lemos, está deseñado para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Será do 17 ao 21 de agosto no Pavillón Municipal da Pinguela, de 10 a 13 horas. O prezo é de 18 euros por participante.

II CAMPUS DE VOLEIBOL
Organizado pola A.D. A Pinguela, está dirixido a nenos e nenas de 8 a 15 anos. Será no Pavillón Municipal da Pinguela do 3 ao 7 de agosto, de 10 a 14 horas. Para información e inscricións hai que chamar aos números 637 52 38 30 e 649 96 40 05.

CURSOS DE TENIS
Os martes e xoves de xullo e agosto celebraranse cursos de tenis para nenos e nenas de 6 a 12 anos, en horario de 10 a 13 horas nas pistas de tenis de A Pinguela. É necesario levar raqueta, e recoméndase o uso de roupa e calzado deportivo adecuado. O custe é de 20,70 euros por alumno e mes.

TORNEO DE 3 X 3 DE BALONCESTO
Organizado polo C.B. Val de Lemos, será o sábado 1 de agosto nas Pistas da Compañía. Inscricións nos 606 22 56 80 e 690 28 55 24.

VI TORNEO DE VOLEI PRAIA
Celebrarase do 17 ao 23 de agosto no Parque dos Condes.
Inscricións no teléfono 686 87 45 89.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS Ó AIRE LIBRE
Para persoas maiores de 16 anos, serán no Parque dos Condes e no Malecón do 1 de xullo ao 14 de agosto, sen custe nen inscrición previa. Inclúen tai chi, ioga, ritmo e aerotono.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A sección de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo incorpora o vindeiro curso o nivel avanzado de inglés

Seguinte Nova

Curso en Láncara sobre PRL en explotacións de vacún

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: