A 4ª Subida á Pontenova entregou o I Trofeo Ribeira Sacra

A Deputación de Lugo promoveu deste xeito os produtos autóctonos e a candidatura a Patrimonio da Humanidade

A cuarta edición da Subida á Pontenova, que se celebrou o domingo 17 de maio, entregou este ano o I Trofeo Ribeira Sacra, promovido pola Deputación de Lugo para impulsar os produtos autóctonos da nosa provincia, e a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

LOTES DE DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS LUCENSES

Con esta iniciativa, o organismo provincial fixo entrega aos gañadores desta proba automovilística de varios lotes de degustación de produtos lucenses, que contan coa marca de calidade Lugo Sabe, e que están incluídos na listaxe de produtos da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com.

AUTOBÚS ROTULADO, MATERIAL DIVULGATIVO E RECOLLIDA DE SINATURAS

Por outra banda, a Deputación tamén desplazou ata A Pontenova o autobús rotulado da Ribeira Sacra, aproveitando a afluencia de visitantes e co obxectivo de recoller sinaturas en apoio da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. Ademais da visibilidade do vehículo, os organizadores trataron de sensibilizar aos asistentes sobre a importancia da iniciativa repartindo material divulgativo da riqueza e recursos da Ribeira Sacra. Por último, estiveron a disposición dos visitantes os libros oficiais da Unesco para asinar en favor desta candidatura.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo, a única administración lucense que dispón dun desfibrilador externo semiautomático

Seguinte Nova

Os participantes no I Circuíto de Golf dos Paradores de Galicia disfrutarán de estancias en Monforte e Santo Estevo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: