A artesanía quiroguesa, presente na mostra pop-up de Artesanía de Galicia en Compostela

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A firma de artesanía Armaior, especializada en madeira e afincada en Quiroga, foi un dos 19 obradoiros artesanais de Galicia presentes na mostra pop-up celebrada do 20 ao 29 de abril na tenda Myka, de Santiago de Compostela. Este evento, impulsado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, aproveitou a proximidade desta tenda á Praza de Abastos de Santiago, onde se celebraba o ciclo Compostela Gastronómica, para darlle así máis visibilidade ao produto artesán galego. Ademais, con esta mostra temporal, os organizadores pretenderon amosar as posibilidades que ofrecen as novas fórmulas de comercialización da artesanía. Este evento resaltou os valores da artesanía como o deseño, a baixa pegada ecolóxica, a cohesión co territorio e o patrimonio cultural.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cultura no Camiño 2015 programa dous eventos no verán de Quiroga

Seguinte Nova

Quiroga, capital da divulgación xeolóxica coa celebración do Geolodía o 9 de maio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: