350 deportistas convertiron Monforte na capital do taekwondo de Galicia

O club Neka organizou en Monforte o Campionato Galego Escolar, xuntando por vez primeira as finais das tres modalidades de competición Os deportistas do Neka firmaron un excelente campionato, gañando 5 medallas Son xa 4 os taekwondistas monfortinos que competirán coa selección galega no Campionato de España en maio

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O sábado 18 de abril, Monforte convertiuse na capital do taekwondo de Galicia, coa celebración do Campionato Galego Escolar. Esta proba, organizada polo club Neka, xuntou na cidade do Cabe a 350 deportistas de toda Galicia, nunha competición decisiva no pase ao Campionato de España. O club monfortino Neka, anfitrión da proba, logrou un total de 5 medallas, e a terceira clasificación xeral por equipos, disputando este posto a máis de 40 clubes e ximnasios de toda a Comunidade Autónoma.

5 MEDALLISTAS DO CLUB NEKA DE MONFORTE

Na categoría benxamín masculina, Alejandro Fernández conseguiu a medalla de ouro, o que lle dá o acceso directo á selección galega para disputar o Campionato de España do vindeiro 30 de maio. Pola súa banda, na categoría benxamín feminina, Carla Pardo acadou a medalla de prata, con moitas posibilidades de colarse no combinado galego para a proba nacional. En categoría cadete masculino houbo triplete de metales, coa plata conseguida por Carlos Rey, e os bronces de Samuel López e Álex Camba. Os tres deportistas teñen garantida a súa presencia no Campionato nacional.

BOS RESULTADOS E BO ESPÍRITU DE EQUIPO

«Os resultados son moi bos, e sobre todo pola continuidade, xa que levamos tres anos con presencia na selección galega, e cada ano con máis membros», apuntou o adestrador do club Neka, José Mª Vega. Os deportistas que consiguen chegar ao combinado galego sirven como motivación para o resto dos compañeiros do club, «e lles vale como estímulo para seguir traballando», precisa Vega. «A verdade é que estas cinco medallas demostran que estamos traballando ben, xa que fomos dos cinco equipos que completamos o campionato galego con máis medallas», explica o adestrador do Neka, quen dá como claves destes éxitos o esforzo e a motivación dos rapaces e rapazas. «Estamos entrenando moi ben, con moita ilusión e moi motivados», suliña Vega. Ademais, o adestrador monfortino destaca a importancia do «bo ambiente do clube» na súa excelente marcha. «Os rapaces alégranse dos éxitos dos compañeiros como se foran seus, e iso, unido aos bos resultados e ao ben que o pasan indo a competir, é a clave de todo», afirma Vega.

Deportistas do Neka fórmanse como árbitros de competición

Cinco deportistas do Neka recibiron formación como árbitros no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. (Foto cedida).
Cinco deportistas do Neka recibiron formación como árbitros no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. (Foto cedida).

•Ademais do esforzo técnico, os taekwondistas do club Neka completan o seu perfil deportivo con cursos de formación en arbitraxe. Andrea Pérez, Antía Fernández, Cristian Castro e José Roca participaron recentemente en Pontevedra no curso para xuíz de mesa, requisito para ser cinturón negro. Tamén Álvaro Huanay formouse como xuíz rexional. «Hai que lembrar que sen árbitros non habería competición, son fundamentais», explicou Vega.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa Big Ciencia levou a Chantada a divulgación científica de xeito lúdico e participativo

Seguinte Nova

•Onda Cero arrinca en Monforte no 91.8 FM conducida por Manola Porto

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: