Pilar López Yáñez, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Sarria, garante que pasará “da inacción á acción para recuperar o prestixio

López Yáñez lamentou «o desgoberno do PP», e lembrou que a candidatura socialista «é un compromiso con todos os veciños e veciñas de Sarria»

A candidata socialista á alcaldía de Sarria, Pilar López Yáñez, acompañada dos membros da súa lista, do secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e do secretario provincial, Juan Carlos González Santín.  (Foto cedida).
A candidata socialista á alcaldía de Sarria, Pilar López Yáñez, acompañada dos membros da súa lista, do secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, e do secretario provincial, Juan Carlos González Santín. (Foto cedida).

• Pilar López Yáñez será a cabeza de lista da candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Sarria. A mediados deste mes, tivo lugar a proclamación da candidata, que contou co apoio do secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario provincial, Juan Carlos González Santín. «Esta é a candidatura que necesita Sarria», afirmou Santín, «un equipo de boa xente que permitirá que os veciños desta vila recuperen o prestixio». «Son un valor engadido que permitirá acadar o obxectivo que nos marcamos: volver a gobernar esta importante cabeceira de comarca; unha comarca con grandes oportunidades pero que tivo que lamentar o declive de importantes empresas que daban traballo a centos de familias, como Cementos Cosmos, mentres o Partido Popular miraba para outro lado», apuntou Santín. O secretario provincial insistiu en que «o Goberno local do PP rematou o seu ciclo, e o seu proxecto está esgotado».

Pola súa banda, Pilar López Yáñez suliñou que «este é un compromiso con todos os veciño, e o vindeiro 24 de maio, os sarrianos e sarrianas terán a oportunidade de renovación e futuro que demandan».

LISTA RENOVADA E PARITARIA

Os integrantes da lista do PSdeG-PSOE en Sarria son Pilar López Yáñez, fisioterapeuta; Diego López López, politólogo; José Manuel López Torre, farmacéutico; Mª Luisa López Lebón, asesora de viaxes; Cesáreo López Carballo, labrego; Luis Amadeo López Campo, axente comercial; Mª Elena Real Rodríguez, auxiliar de enfermería; José Antonio López López, gandeiro; Alba López Vila, técnico de atención sociosanitaria; Mª Jesús Fernández Vizcaíno, auxiliar de enfermería; Dolores Camino Sánchez, médico xubilada; Luciano Lorenzo Pereiro, xubilado; Ana Díaz López, estudiante; Pedro José Quintana López, xubilado; Paula Vázquez Núñez, empresaria; Ángeles Díaz Maron, traballadora en centro de atención técnica; e Manuel López Vázquez, gandeiro. Como suplentes, figuran Claudio Garrido Martínez, veterinario; Francisco Javier García López, mestre; Beatriz Escudero Tomás, diplomada en Relacións Laborais; Clara Alvaredo Díaz, cuidadora no CAPD; e Amalia López Arenas, autónoma.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alumnado do colexio de Sober, de visita en Pantón

Seguinte Nova

O Concello de Monforte solicita unha subvención para a depuradora do polígono

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: