Pantón acolle o torneo Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade- International Ladies Open por terceiro ano consecutivo

Do 29 de abril ao 1 de maio dispútase en Augas Santas esta importante cita co golf feminino profesional de Europa O torneo suporá «unha excelente oportunidade para descubrir a Ribeira Sacra»

Recepción das deportistas internacionais en Monforte á súa chegada á Ribeira Sacra. (Foto cedida).
Recepción das deportistas internacionais en Monforte á súa chegada á Ribeira Sacra. (Foto cedida).

• Do 29 de abril ao 1 de maio estase a celebrar nas instalacións de OCA Augas Santas Balneario Golf&Resort, o Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade International Ladies Open, que conta coa presencia das mellores promesas do golf feminino profesional europeo. Este é o terceiro ano consecutivo que Pantón acolle esta importante cita deportiva, o único torneo feminino profesional profesional que se disputará esta temporada en España dentro do LET Access Series, un circuíto satélite creado como ponte cara o Ladies European Tour. Según explicaron dende a organización, esta proba está destinada a un bo número de golfistas de gran nivel, tanto españolas como europeas, que precisan de competicións onde adquirir a experiencia necesaria para acceder ao Ladies European Tour.

Santiago Villanueva, director de OCA Augas Santas Balneario Golf & Resort; Ramón Braña, director general de Oca Hotels; Ignacio Gervás, director deportivo de la Real Federación Española de Golf; e Ignacio Evangelio, manager comercial do Ladies European Tour, durante a presentación do evento.  (Foto cedida).
Santiago Villanueva, director de OCA Augas Santas Balneario Golf & Resort; Ramón Braña, director general de Oca Hotels; Ignacio Gervás, director deportivo de la Real Federación Española de Golf; e Ignacio Evangelio, manager comercial do Ladies European Tour, durante a presentación do evento. (Foto cedida).

ESCAPARATE INTERNACIONAL PARA A RIBEIRA SACRA

Ademais do seu valor deportivo, esta proba supón unha aposta de Galicia pola alta competición e polo golf feminino, a través da marca Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade. Según explicaron os responsables do evento, este torneo de repercusión internacional funciona como un «perfecto escaparate do que pode ofrecer a Ribeira Sacra en particular e Galicia en xeral». Ademais, a consolidación deste torneo en Galicia e a súa repercusión nos mercados nacionais e internacionais fan desta proba «unha excelente oportunidade para impulsar o golf e o turismo nesta zona de España e, sobre todo, para descubrir a Ribeira Sacra en todo o seu esplendor».

Imaxe da pasada edición do International Open Ladies, celebrado tamén nas instalacións de golf de Augas Santas, en Pantón. Arquivo EC.

Este torneo está patrocinado polo Consorcio Turístico Ribeira Sacra, e polo grupo OCA Hotels e Augas Santas Resort, que acolle a proba nas súas instalacións.

Na presentación do torneo, o director técnico deportivo da Real Federación Española de Golf, Ignacio Gervás, destacou «a importancia dun circuíto como o LET Access Series no desenvolvemento das xoves golfistas que acceden ao profesionalismo, xa que este entorno é clave no noso obxecivo de facilitarlles oportunidades». Pola súa banda, o director xeral de OCA Hotels, Ramón Braña, salientou «o orgullo que supón para a nosa cadea hoteleira albergar unha competición destas características, única en España, e que será un evento de gran repercusión para a provincia de Lugo». O mánager comercial do Ladies European Tour, Ignacio Evangelio, agradeceu a colaboración dos patrocinadores na organización deste torneo, «que tanto contribúe ao crecemento do LET Access Series dende o seu nacemento hai cinco anos».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Vía de Altas Prestacións entre Sarria e Monforte entrará en servizo este ano na súa totalidade

Seguinte Nova

Ferreira, punto de partida da III Festa de Autos Clásicos Ribeira Sacra 2015

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: