A XXXIII Feira do Viño de Quiroga terá como pregoeira a Rocío Carrasco

A Feira celebrarase os días 4 e 5 de abril, coa participación dunha decena de colleiteiros da comarca quiroguesa Rocío Carrasco lerá o pregón o sábado 4 de abril ás 20,30 horas Tamén o sábado terá lugar o V Concurso de Camisetas Feira do Viño de Quiroga

O Concurso de Camisetas Feira do Viño de Quiroga, que cumple o seu primeiro lustro, é unha das atraccións máis importantes deste evento enolóxico para o público xove. Arquivo EC.
O Concurso de Camisetas Feira do Viño de Quiroga, que cumple o seu primeiro lustro, é unha das atraccións máis importantes deste evento enolóxico para o público xove. Arquivo EC.

• Os actos conmemorativos da XXXIII Feira do Viño de Quiroga xa están en marcha. O pasado 21 de marzo tivo lugar a Cata Oficial dos viños participantes, a cargo da Confraría dos Viños de Quiroga. A solemnidade desta celebración quedou de manifesto no desfile dos cofrades na mañá do sábado, que partiron dende a Casa do Concello ata a sala de catas do Museo Etnográfico, onde os membros da Confraría deron fe da calidade dos caldos presentados a esta edición.

GASTRONOMÍA E ARTE DENTRO DO PROGRAMA FESTIVO

A gastronomía local será a protagonista do IV Concurso Quiroga de Tapas, que se prolongará do 26 de marzo ata o 3 de abril, coa participación de 20 establecementos. Tamén a arte e a creación ocuparán un lugar destacado nestes días de festa, a través da exposición de pintura de Suso Talento na Casa da Cultura, que se poderá visitar a partir do 28 de marzo.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

CONCERTOS NA ZONA DOS PUBS A NOITE DO VENRES 3 DE ABRIL

O programa festivo continuará xa nos primeiros días de abril, coa celebración, na tarde do venres 3, da XI Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, a partir das 17 horas. A noite do venres estará adicada ao público xuvenil, cunha sesión de concertos na zona dos pubs, a cargo de David Prado & Bella Dona Band, e +IVA, a partir das doce e media da noite.

SÁBADO 4 DE ABRIL

A primeira fin de semana de abril concentrará os actos máis relevantes da Feira do Viño. O sábado día 4 amencerá coa actuación do grupo de gaitas Os do Recanto, a partir das 12 horas. Xa ás cinco da tarde, a banda de gaitas San Martiño amenizará cun pasarrúas, para dar paso á recepción oficial das autoridades na Casa do Concello, ás seis. A inauguración do recinto feiral está prevista para as seis e cuarto, coa presencia do secretario xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Severino Álvarez Monteserín.

A música volverá ao recinto feiral con Os do Recanto, e xa no Auditorio Municipal e dende as seis e media, terá lugar a actuación da Coral Polifónica de Quiroga, a Banda de Gaitas San Martiño, e os Grupos de Danza San Martiño e Arume da Queiruga. Neste mesmo acto, entregaranse os premios do XI Certame Cartas de Amor Vila de Quiroga, convocado pola Área de Xuventude.

PREGÓN DA PRESENTADORA DE TELECINCO ROCÍO CARRASCO

O acto estrela desta primeira xornada da XXXIII Feira do Viño de Quiroga será a lectura do pregón, ás 20,30 horas e no palco do recinto feiral, por parte de Rocío Carrasco Mohedano, coñecida presentadora de televisión, e filla da cantante Rocío Jurado e do boxeador Pedro Carrasco. O pregón dará paso a unha festa popular, dende as nove da noite, a cargo do grupo Mosaico. Sobre as nove e cuarto está prevista a entrega dos premios do V Concurso de Camisetas Feira do Viño de Quiroga, tamén no palco do recinto feiral.

O domingo 5 de abril arrincará ás doce coa actuación da charanga Madialeva no recinto feiral, para continuar coa recepción de autoridades no Concello. Á unha menos cuarto entregaranse os trofeos aos colleiteiros, e xa pola tarde, a charanga Madialeva porá o broche final coa súa música dende as cinco.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Todo listo en Sarria para a IV Feira de Antigüidades da Eurorrexión-XX Feira de San Lázaro

Seguinte Nova

Monforte celebrará a XIII Feira Medieval o 4 e 5 de abril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: