Cooperación entre administracións en beneficio dos pequenos concellos do rural

O vicepresidente da Xunta visitou Folgoso do Courel as melloras realizadas nos últimos exercicios con axudas autonómicas

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, comprobaron as melloras realizadas no municipio con axudas do Goberno autonómico. CPXG.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, comprobaron as melloras realizadas no municipio con axudas do Goberno autonómico. CPXG.

• A mediados de marzo, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda acompañado da alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, achegouse ata este municipio da comarca quiroguesa para comprobar as actuacións levadas a cabo nos últimos exercicios grazas a diversas axudas da Vicepresidencia.

PRETO DE 218.000 EUROS PARA OBRAS QUE MELLORAN A CALIDADE DE VIDA NO RURAL

Según explicou o vicepresidente autonómico, o Concello de Folgoso recibiu preto de 150.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de infraestruturas, aos que se suman outros 68.000 euros con cargo ao Plan de Camiño. Rueda precisou que «grazas a estas achegas, o Concello pode levar a cabo actuacións que benefician directamente aos seus veciños e contribúen decisivamente á mellora da súa calidade de vida.

Por unha banda, o Fondo de Compensación Ambiental permite aos concellos beneficiarse das explotacións eólicas. No caso de Folgoso do Courel, este concello logrou a través desta liña competitiva axudas de 70.000 euros, coas que puido mellorar infraestruturas rurais e acondicionar espazos públicos, así como recuperar ambientalmente o entorno do Centro de
Saúde de Seoane.

Pola súa banda, a Orde de Infraestruturas financia obras en entornos de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos. Inclúen tamén axudas para mellora do alumeado público e pavimentación de vías municipais. En Folgoso, levouse a cabo a rehabilitación do edificio da antiga escola de Visuña, co que se recupera un emblemático edificio coma local cultural de uso público. Ademais, a mellora mantivo a singular arquitectura do edificio, para preservar o valor cultural e patrimonial deste entorno.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Paradela conta cun novo folleto turístico sobre o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño

Seguinte Nova

Todo listo en Sarria para a IV Feira de Antigüidades da Eurorrexión-XX Feira de San Lázaro

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: