O club Neka consigue 9 medallas no Campionato Galego de técnica

Con estes resultados, serán 9 os deportistas do clube monfortino que entran na selección galega para participar en competición nacional

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Os deportistas do club monfortino de taekwondo Neka seguen a colleitar os froitos da súa esixencia no traballo, e que este mes materializáronse nun total de nove medallas no Campionato Galego de Técnica. A proba autonómica, que se disputou en Noia o pasado 14 de marzo, contou coa participación de máis de 250 deportistas, nun torneo de altísimo nivel, según destacaron dende a Federación Galega de Taekwondo.

Os de Neka tiveron presencia en catro podios, o que lles permitiu acadar o quinto posto na clasificación final por equipos. Así, por unha banda, o trío formado por Carlos Rey, Samuel López e Álex Camba acadou a medalla de ouro na categoría junior. En cadetes, José Roca, Cristian Castro e Brais Rodríguez conseguiron o bronce na participación como trío. En modalidade parellas, tamén houbo medalla, que correspondeu a Mateo López e Meritxell Varela, gañadores dun bronce. A nivel individual, Samuel López conseguiu un bronce na categoría junior. Cabe destacar a actuación individual de José Roca, que chegou á final e completou o torneo nun oitavo posto, e o traballo de Carlos Rey e Álex Camba en competición individual, que completaron empatados en quinta posición.

«Estamos encantados, este é un resultado fantástico», suliñou o adestrador do Neka, José Mª Vega. «Tivemos máis medallas que participantes, con 9 metais de 8 participantes». Ademais, estes resultados clasifican instantáneamente aos nove medallistas para integrarse na selección galega, que terá a súa próxima cita o 11 de abril no Open de España. Esta proba internacional contará con deportistas de Corea, a potencia mundial en taekwondo, entre outros países.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A soberina María Arias Rodríguez, campiona de España de fútbol sala

Seguinte Nova

Quiroga celebrará a XI Carreira Popular Feira do Viño o venres 3 de abril

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: