A soberina María Arias Rodríguez, campiona de España de fútbol sala

Imaxe da selección galega Sub-21, que acadou o Campionato de España este mes. Abaixo á dereita, a soberina María Arias Rodríguez. (Foto cedida).

• A deportista oriunda de Sober María Arias Rodríguez proclamouse este mes campiona de España de fútbol sala coa selección galega Sub-21. A soberina recibiu as felicitacións do Concello de Sober, municipio do que son naturais os seus pais, en concreto das parroquias de Bolmente e Neiras. María Arias entrou na selección galega con 12 anos, e foi campiona de España na categoría infantil. Leva 5 anos como titular de primeira división, no equipo Cidade das Burgas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O piloto lucense Pedro Burgo, segundo no Rally de Santa Brígida

Seguinte Nova

O club Neka consigue 9 medallas no Campionato Galego de técnica

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: