Dolores Castro repite como candidata do PP á alcaldía de Folgoso do Courel

Dolores Castro Ochoa, actual alcaldesa de Folgoso do Courel, encabezará a lista do Partido Popular neste concello para as eleccións municipais do mes de maio. (Foto cedida).
Dolores Castro Ochoa, actual alcaldesa de Folgoso do Courel, encabezará a lista do Partido Popular neste concello para as eleccións municipais do mes de maio. (Foto cedida).

• O presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou a finais do mes pasado que a actual alcaldesa de Folgoso de Caurel, Dolores Castro Ochoa, repetirá como cabeza de lista do PP neste municipio de A Montaña. Barreiro agradeceu a «boa dispoñibilidade e bo facer» da candidata, que leva seis anos como rexedora local. «Lola é un exemplo centrado no ben dos veciños e no avance do concello», manifestou. Lola Castro deixou claro que continuará traballando «por e para os veciños». «Os meus cidadáns son a miña prioridade, e o seu benestar o meu principio», suliñou.

Dolores Castro Ochoa, militante de Novas Xeración, é alcaldesa de Folgoso do Courel dende 2009. Secretaria de dirección, residiu oito anos en Barcelona, e regresou en 2005. Encabezou a candidatura do PP á alcaldía nas eleccións municipais de 2007 e 2011.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Medela salientou que a Xunta leva investidos 53 millóns de euros en Chantada nos últimos seis anos

Seguinte Nova

Recepción na sede da Deputación do alumnado do programa de intercambio no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: