O Rexistro da Deputación recibiu preto de 3.000 solicitudes para os contratos do Ben Empregado!

A Deputación habilitou unha unidade de Rexistro Xeral adicional dotada con 15 persoas para atender con axilidade ao aluvión de solicitantes do programa Ben Empregado!. GPDL.
A Deputación habilitou unha unidade de Rexistro Xeral adicional dotada con 15 persoas para atender con axilidade ao aluvión de solicitantes do programa Ben Empregado!. GPDL.

• Preto de 3.000 solicitudes recibiu o Rexistro da Deputación para optar aos 248 contratos do plan Ben Empregado!, unha cantidade que aumentará cando se contabilicen as peticións entregadas nos Rexistros doutras administracións e as enviadas por correo postal. Unha vez rematado o prazo de inscrición, foron publicados na páxina web provincial www.deputacionlugo.gal as listas de admitidos e excluídos, para arrancar co proceso de selección, que estará rematado a mediados deste mes de marzo e consistirá na valoración de méritos e do currículo, ademais dunha entrevista. Seguidamente, publicarase a lista de persoas seleccionadas e comunicaráselle ás 221 empresas e entidades sen ánimo de lucro beneficiarias o traballador ou traballadores que lles foron asignados. As propias entidades ocuparanse da súa contratación, cumprindo coa modalidade contractual e pola xornada laboral establecida na solicitude da axuda. O contrato deberá formalizarse na última semana de marzo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos lamenta que a contratación na zona sur baixara un 13,2% no mes de febreiro

Seguinte Nova

Nace o portal web AsociaLugo, como punto de encontro dixital para as asociacións lucenses

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: