Sober amosa os traballos participantes nos certames de creación en torno á XXV Feira do Viño de Amandi

Desde o sábado 28 e ata o día 15 de abri,l o Centro Sociocultural de Sober acollerá unha mostra cos carteis que participaron no concurso do que saíu a imaxe anunciadora da Feira. O traballo gañador foi o da monfortina Andrea Rodríguez López, coa proposta «El que buen vino bebe, a beberlo vuelve». O xurado que valorou os 30 traballos presentados estivo formado por Humberto Loureiro, Sol Ocampo, Cesar Pérez Otero e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. O xurado acordou conceder un accésit finalista aos carteis de Miguel Ángel Rodríguez Díaz, de Sober, Sergio Pérez Carballo, de Monforte, Doa Ocampo Álvarez, de Pantón, Javier Doval Fernández, de Sober e José Eduardo Veiga Aguiar, de Chantada.

Na mostra, tamén poderán verse os traballos presentados ao I Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira de Amandi, no que gañou Lisbeth Sánchez Díaz. No certame participaron máis de 30 alumnos do CEIP Virxe do Carme, e 8 do CEIP Monte Baliño de Pantón.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 27 de marzo, exposición en Monforte do fotógrafo Eduardo Teixeira Pinto

Seguinte Nova

Continúan os circuítos autonómicos en Augas Santas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: