A Tradescola de Lugo escolleu Ferreira para desenvolver o IV Curso de Construción de Palletas

•O curso, destinado aos amantes da música tradicional e ao alumnado de gaita, terá lugar o 28 de febreiro no Edificio Sociocultural

Imaxe de arquivo dun obradoiro de construción de instrumentos vexetais organizado pola Tradescola de Lugo. (Foto cedida: Tradescola).-
Imaxe de arquivo dun obradoiro de construción de instrumentos vexetais organizado pola Tradescola de Lugo. (Foto cedida: Tradescola).-

• O sábado 28 de febreiro, o Edificio Sociocultural de Ferreira de Pantón acollerá o IV Curso de Construción de Palletas e Pallóns, que organiza a Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo. Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Pantón.
Este curso, que será impartido polo artesán pontés Xaime Pena, vai dirixido aos amantes da música tradicional e ás persoas que se estén formando na aprendizaxe de gaita. Según explicaron os responsables da Tradescola, nesta actividade poderanse adquirir nocións básicas sobre a construción e manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais empregados, o trato que se lles debe dar, e incluso a importancia das condicións meteorolóxicas no comportamento e resposta destes elementos.
A través deste curso, a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns, e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación da gaita. Deste xeito, os responsables do curso confían en que “sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta oferta 2 millóns de metros cadrados de solo industrial con rebaixas de ata o 50 por cento no seu prezo

Seguinte Nova

•En marzo iniciarase un curso de monitor de tempo libre nas instalacións do Poboado de Peares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: