Crónica del sur de Lugo

27de marzo, III Carreira Popular de Monforte

O concelleiro de Deportes na presentación da proba. EC

O concelleiro de Deportes, Xosé Lois Losada, presentou a III Carreira Popular Concello de Monforte que se celebrará o vindeiro domingo día 27 de marzo. Xosé Lois indicou que o feito de situar a proba no último domingo de marzo responde á intención de facer desta data un referente dentro do calendario galego, tanto para os corredores de Galicia como de fóra de Galicia, “algo que pouco a pouco se está a conseguir”, engadiu.

Pola súa parte, o circuíto será semellante ao do ano pasado, con probas para as categorías inferiores e para adultos, ao mesmo tempo que haberá premios en metálico coa finalidade de darlle realce á carreira e lograr a participación de atletas destacados.

Na edición anterior participaron preto de 500 atletas, unha cifra que agardan superan este ano. “Esperemos que a xente se anime, que tamén acompañe a climatoloxía, e que todo se desenvolva sen incidencias, ademáis haberá algunhas atraccións gratuítas para os máis cativos na praza da Compañía”, explicou o concelleiro.

Finalmente, o responsable de Deportes quixo amosar o seu agradecemento aos atletas locais e tamén a Protección Civil e á Policía Local polo traballo que desenvolven durante ese día. O orzamento da carreira é de 8.000 euros, e contará con categoría de menores ás once da mañá, categoría de adultos ás 12 do mediodía, e unha categoría “Biberón” para nenos de 0 a 4 anos, ás 10.45 horas.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio