Medela encabezará a lista do PP ás municipais en Chantada

• Javier Rodríguez Medela será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Chantada. Según explicaron dende esta formación política, o principal reto de Medela é recuperar para o PP á alcaldía dunha localidade onde os populares foron a forza política máis votada nos últimos procesos electorais.

Pola súa banda, Medela compromete «traballo» e ten como obxectivo «impulsar un proxecto capaz de xerar maior ilusión entre os veciños», pois confía «nunha Chantada máis ambiciosa, no conxunto da comarca e da provincia e de maior sintonía coa Xunta e o Goberno central»

O presidente do PP lucense destacou «o carácter dialogante» de Medela e a súa «notable experiencia» como xerente de programas de desenvolvemento rural na Ribeira Sacra lucense e comarcas de Chantada e Ulloa, e a súa implicación na organización durante 12 anos da Feira do Viño de Chantada, e na Asociación de Amigos do Folión.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Espertamonforte! acudirá como partido político ás eleccións municipais

Seguinte Nova

UGT-Lemos alertou de que só o 57% dos parados da zona sur cobra prestación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: