Espertamonforte! acudirá como partido político ás eleccións municipais

A Casa da Cultura acolleu a celebración da II Asamblea de Espertamonforte!, o pasado 31 de xaneiro. (Foto cedida).
A Casa da Cultura acolleu a celebración da II Asamblea de Espertamonforte!, o pasado 31 de xaneiro. (Foto cedida).

Esta decisión foi tomada na Asemblea do 31 de xaneiro Na terceira Asemblea, que previsiblemente se celebrará na primeira semana de marzo, procederase á elección da lista de candidatos

• A iniciativa democrática cidadá Espertamonforte! concurrirá como partido político ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Así o acordou a Asemblea celebrada o pasado 31 de xaneiro na Casa da Cultura de Monforte, na que tomaron parte arredor de 150 persoas nunha sesión que se prolongou preto de tres horas.

UNANIMIDADE NO CÓDIGO ÉTICO E NO SISTEMA PARA ELIXIR CANDIDATOS

Ademais de acordar por votación dos asistentes a forma xurídica de partido político para ir ás municipais, a II Asemblea serviu para concretar outros dous aspectos. Por unha banda, ratificouse por unanimidade o código ético presentado polo Grupo Aberto de Organización (GAO), e que está accesible no enlace web www.espertamonforte.org, sección «Documentos». Por outra banda, quedou ratificado tamén por unanimidade o sistema de elección de candidaturas. Según explicaron os voceiros de Espertamonforte!, para os candidatos alcaldables, o GAO levará á Asemblea para elexir por votación aqueles que teñan, alomenos, un 30% de apoios dentro do propio grupo aberto. Para o resto dos postos da candidatura, o GAO propoñerá á Asemblea unha lista consensuada na que os asistentes poderán ratificar ou rexeitar individualmente a cada un dos candidatos.

SEGUINTES PASOS

O traballo continúa en Espertamonforte!, con reunións semanais do Grupo Aberto de Organización para avanzar en diversos aspectos. Así, no GAO seguen a definir o programa electoral, a través do traballo que veñen realizando diferentes grupos programáticos específicos que se veñen reunindo con colectivos e asociacións para recopilar información e detallando medidas a incluír. Ademais, o GAO está a avanzar no consenso e confección da candidatura, e na redacción dos estatutos do partido. Os voceiros de Espertamonforte! anunciaron que a elección da lista de candidatos terá lugar na III Asemblea aberta, que previsiblemente se celebrará na primeira semana de marzo.

VALORACIÓN «SATISFACTORIA»

Dende esta formación valoran como «realmente satisfactorio»o percorrido realizado por Espertamonforte! nestes dous meses. Según os voceiros da formación, as dúas Asembleas abertas que tiveron lugar o 13 de decembro e o 31 de xaneiro «atraeron a centos de persoas que, non só se achegaron para coñecer a iniciativa, senón que xa moitas delas sumáronse e participan activamente no Grupo Aberto de Organización», que na actualidade está formado por máis de 50 persoas que se reúnen semanalmente. As enquisas realizadas entre asistentes ás asembleas revelan que o que máis valoran os cidadáns «é o xeito radicalmente distinto de facer as cousas, con transparencia, democracia e participación». Dende Espertamonforte! suliñan que «todas as decisións que se foron tomando nestes meses foron consensuadas e debatidas nas asembleas abertas, integrando opinións procedentes de diferentes ámbitos e posicións políticas». Tamén indicaron que «deste mesmo xeito está a desenrolarse o programa electoral, que está sendo confeccionado por preto de 40 persoas, en diferentes áreas, na procura dun documento de propostas realistas pero ambiciosas».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 3 de marzo pode verse en Lugo a exposición «A Nación galega en pé»

Seguinte Nova

Medela encabezará a lista do PP ás municipais en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: