Actuacións en infraestruturas en Chantada, Sarria e O Incio con financiamento provincial

Antes de rematar o ano, a Deputación de Lugo aprobou diversas actuacións no sur da provincia. Así, na Xunta de Goberno celebrada o 26 de decembro acordouse unha achega de 100.000 euros á Sociedade Urbanística Provincial para a execución do proxecto de reedificación da Casona de O Incio. En referencia a esta actuación, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, suliñou que este proxecto fora solicitado polos veciños, e criticou que «o Partido Popular deixara abandonada esta edificación».

AUDITORIO DE CHANTADA

Por outra banda, a mediados de decembro quedaba aprobada a adquisición de novos elementos para completar o equipamento do Auditorio de Chantada. Nesta ocasión, resolveuse a adquisición e instalación dunha cortina de máis de 20 metros de ancho por 5 de alto, e con carril motorizado, por valor de 13.700 euros. A parte dianteira do auditorio está composta por unha cristaleira, polo que é necesario contar con este material para as proxeccións que se realicen no Auditorio.

En xaneiro, o organismo provincial acordou un convenio coa Asociación Cultural Lavanqueira de Sarria para financiar con 19.000 euros melloras na pista polideportiva de Corbelle e na súa contorna. Según Martínez, «esta medida beneficiará directamente a os máis de 100 veciños da zona».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobadas 237 axudas provinciais para impulsar o sector primario e o rural

Seguinte Nova

O alcalde de A Pobra do Brollón denuncia que a Xunta “pratica unha política para cerrar o rural”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: