O Goberno provincial aprobou a comezos deste mes a compra de 360 toneladas de sal por un importe de 71.600 euros, para distribuír nos 12 silos, que a Deputación ten instalados nos concellos de Cervantes, Becerreá, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo. A dotación para cada silo será de 30 toneladas de sal. Según explicaron os responsables provinciais, nas primeiras dúas semanas de xaneiro, estaba distribuído un 30% deste material de xeito selectivo, priorizando as zonas nas que é habitual a presenza de xeo neste tempo, e para minimizar na medida do posible o deterioro do firme que provoca a aplicación deste material fundente.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou unha excelente nova para a cidade: o Ministerio
Foi no mes de xullo de 2018, cando sendo entón Presidente da Deputación de Lugo Darío
O Equipo de Goberno do Concello de Monforte, vén de anunciar, nunha rolda de prensa, un
A Xunta de Galicia acaba de rematar a execución da nova senda peonil na estrada LU-617,
O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, anunciou un investimento substancial