Éxito de convocatoria dos primeiros cursos do Pacto Provincial polo Emprego II

Cubríronse as 180 das prazas dispoñibles na primeira quenda desta iniciativa en Monforte, Viveiro e Lugo Xa está aberto o prazo de solicitude das seguintes 390 prazas en novos cursos

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, durante a apertura dos cursos do Pacto Provincial polo Emprego II que se están a desenvolver na sede da Cruz Vermella de Lugo. GPDL.
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, durante a apertura dos cursos do Pacto Provincial polo Emprego II que se están a desenvolver na sede da Cruz Vermella de Lugo. GPDL.

• Xa están en marcha os primeiros 12 cursos do Pacto Provincial polo Emprego II, nos que 180 lucenses en situación de desemprego están a recibir formación nos sectores con máis demanda no mercado laboral da nosa provincial. Estes cursos, dos que se cubriron a totalidade das prazas dispoñibles, estánse a impartir nas localidades de Monforte, Viveiro e Lugo.

ABERTO O PRAZO PARA OS 10 CURSOS EN SARRIA, CHANTADA E MONFORTE

Según explicou o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, xa está aberto o prazo de solicitude da segunda quenda de cursos do Pacto Provincial polo Emprego II, que ofrece outras 390 prazas para un total de 26 accións formativas. No sur de Lugo, Sarria acollerá tres cursos, de Operacións básicas de cociña, Operacións básicas de restaurante e bar, e Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, cun total de 45 prazas. Chantada será a sede de tres cursos, o de Técnico en transporte sanitario, e dúas edicións de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, cun total de 30 prazas. En Monforte celebraranse catro accións formativas que ofrecen un total de 45 prazas para operación básicas de cociña, Operacións básicas de restaurante e bar, e dúas edicións de Atención sociosanitaria e persoas no domicilio.

O único requisito para participar nestes cursos é estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego. Nestas dependencias é onde se deberá realizar a solicitude para anotarse nos cursos desta iniciativa provincial. Toda a información sobre o Pacto Provinicial polo Emprego II está dispoñible na web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 260 088.

A terceira quenda de cursos lanzarase proximamente. O Pacto ofrece un total 13.255 horas de clases teóricas e prácticas en empresas para favorecer a inserción laboral de 1.005 desempregados lucenses, que percibirán durante o periodo formativo preto de 400 euros ao mes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

UGT-Lemos denuncia que o 42% dos desempregados da zona sur non cobran ningunha axuda

Seguinte Nova

A Deputación aprobou 11,3 millóns para o Plan Estratéxico de Subvencións 2015

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: