Medidas para frear o ataque do xabaril en Chantada

A partir dos datos de incidencias dos últimos anos, a Xunta de Galicia ven de elaborar un mapa de danos provocados polo xabaril nos cultivos agrícolas que permitirá centralizar as medidas preventivas e de control e acadar unha maior eficacia. Entre as actuacións que levará a cabo a Xunta, segundo explicou o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, está o calendario cinexético. Deste xeito, tendo en conta os datos recompilados, Medio Rural estableceu un calendario que habilita como tempada hábil para a caza desta especie, o período comprendido entre os meses de setembro e xaneiro, ámbolos dous incluídos para o período de carácter xeral; mentres que para os concellos catalogados como obxectivo 1 e 2 autorizarase a caza mediante comunicación no período que vai de xuño a febreiro. Entre os municipios obxectivo 1 atópanse os concellos de Chantada e O Saviñao.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Volta Ciclista a España, en Sarria o 2 de setembro

Seguinte Nova

Viticultura de precisión para a Denominación de Orixe

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: