Crónica del sur de Lugo

Sarria aproba os orzamentos 2011

O Concello de Sarria ven de aprobar os orzamentos para este ano, uns orzamentos que rondan os oito millóns de euros, concretamente 7.997.472 euros. Segundo explicou a concelleira de Economía, Ana Arias, trátase duns orzamentos “adaptados á situación actual, e tamén con algúns cambios en relación aos anteriores”.

Así por exemplo, Arias quixo destacar que algunhas das reduccións máis chamativas prodúcense no gasto de persoal (un 6,62% menos), gastos correntes e inversión. “En xuros temos case un 40% menos, en transferencias correntes tamén unha diminución das subvencións nominativas dun 20% menos; e despois en inversións tamén hai unha reducción importante respecto ao ano anterior, en activos financieiros é a mesma cantidade, e despois no orzamento de ingresos o mesmo, temos unha reducción dos impostos indirectos de case un 80%”, explicou Arias.

“En canto a tasas e outros ingresos tamén temos unha reducción do 6,40%, en transferencias correntes outra diminición importante, e en ingresos patrimoniais tamén temos unha reducción do 78%”, engadiu. Arias tamén lembrou que non houbo ningunha subida nas taxas, “ainda que sí se incrementan un pouco debido a unha modificación”.

Pola súa parte, as inversión máis destacadas a realizar este ano serán 242.372 euros para a ampliación da rede de saneamento da zona nova na Etap, e a sustitución de servizos do paseo do malecón, 15.000 euros de escolas rurais, 60.000 euros para a reposición de pistas, e 40.000 euros para a aportación do POS (Plan de Obras e Servizos). “E por concretar un pouquiño máis, dicir tamén que en canto a subvencións nominativas temos un total de 257.500 euros, e en subvencións non nominativas 67.100 euros. Asimesmo, destacar que se consignan algunhas novas dentro das nominativas, como son a asociación de Palilleiras e a Sociedade Deportiva Sarriana; así como a Universidade de Santiago de Compostela cos cursos de verán que ata agora se viñan aboando como un gasto corrente, mentres que dentro das non nominativas mantéñense as destinadas a programas de emerxencia social e axudas á escolarización, entre outras”.

Finalmente, a responsable de Economía da corporación sarriana valorou estes orzamentos de xeito moi positivo. “Tanto aumenten ou diminúan, os veciños non van a notar nada porque, por exemplo, a reducción que aplicamos a gastos correntes son gastos correntes dentro do Concello, é unha reducción que non ten por que afectar para nada aos veciños, nin en servizos nin en atención. E en canto a inversión, pois o mesmo; lóxicamente si houbera máis cartos para destinar, destinaríamos máis, pero o que nós queremos é cumprir o plan económico financieiro de reequilibrio. Isto é o máis importante, que as contas estén saneadas”. Con outras palabras, Arias tamén engadiu e remarcou que durante o ano 2011 non se vai a subir ningún imposto nin ningunha taxa, “que é o que repercute directamente sobre os veciños, pero que tampouco se vai a facer nada diso”.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio