Ata o día 22 para solicitar praza nos campamentos de Verán da Xunta

O Concello de Sarria informou de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para os campamentos de verán. Dito prazo rematará o vindeiro día 22 de marzo. É de destacar que os interesados en participar deberán ter a idade requerida para o campamento que soliciten. As solicitudes poderán facerse de xeito individual e tamén múltiple (neste último caso para o suposto de dous, tres e ata catro irmáns que soliciten a mesma instalación e quenda). En canto á presentación de solicitudes, os participantes poderán facelo a través de internet no enderezo www.xunta.es/servizos, pero tamén na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Sarria, a través da dirección omix@sarria.es, ou por teléfono no número 982.535.000 Pola súa parte, as solicitudes deberán estar asinadas polos pais ou titores dos nenos, e cada participante só poderá cubrir unha.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os adegueiros superan todas as previsións en canto a vendas na XXIX Feira do Viño de Chantada

Seguinte Nova

Sarria aproba os orzamentos 2011

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: