A Biblioteca de Sober sumouse ao Mes da Igualdade

•A través das Merendas Violetas, para concienciar aos máis cativos sobre a igualdade de xénero, de razas e de oportunidades

• As Merendas con Contos que cada venres celebra a Biblioteca Municipal de Sober durante o curso escolar estiveron adicadas en novembro á concienciación para a igualdade. O obxectivo desta iniciativa do Concello de Sober é promover entre os máis novos a igualdade de xénero, de razas e de oportunidades.
Con esta idea, o venres 14 tivo lugar un contacontos pola tarde, e a continuación desenvolveuse un obradoiro de cociña saudable onde os participantes realizaron unha brocheta creativa con froitas de diversas formas, cores e texturas. A celebración do mes da igualdade continuou na sesión das Merendas Violetas do venres 21, onde os participantes disfrutaron de xogos tradicionais típicos dos cinco continentes. O martes 25, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, a actividade desenvolveuse no CEIP Virxe do Carme. O alumnado participou nunha xincana para traballar a igualdade de xénero.
Estas actividades forman parte do Plan para a Igualdade de Oportunidades Municipal que se desenvolve en Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sete días e quince premios a sorteo para disfrutar do Tapicheo’14 en Sarria

Seguinte Nova

Unanimidade do Consistorio na aprobación provisional do PXOM de Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: