Ata o 22 de decembro para presentar traballos ao Certame de Poesía Infantil Nadal 2014 en Pantón

• A Biblioteca Municipal de Pantón ten aberto ata o 22 de decembro o prazo para a recepción de traballos do Concurso de Poesía Infantil Nadal 2014, correspondentes á fase local.
Cada participante poderá presentar varios traballos, sempre que estean escritos en galego, e traten sobre o tema xenérico «Nadal 2014». Os poemas terán unha extensión máxima de 1 folio por unha soa cara. Cada traballo deberá presentarse acompañado polo nome e datos de contacto do seu autor, en folla aparte. Todos os traballos entregaranse na Biblioteca
Establécense tres categorías según as idades dos participantes: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos; C, de 12 a 16 anos.
O xurado seleccionará un máximo de tres traballos por cada categoría. Os seus autores recibirán como agasallo un diploma e libros. Os traballos premiados competirán na fase provincial do Concurso, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O grupo Augas do Sil animou a programación teatral en Escairón

Seguinte Nova

Melloras no Edificio Sociocultural de Ferreira

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: