• O mundo educativo de Monforte está de noraboa. Dous profesores de Educación Secundaria do IES Daviña Rey, Mª Jesús Casado Barrio e Luis Vázquez López, foron recoñecidos co Premio Nacional de Educación na categoría de proxectos de colaboración no eido das TIC. Esta distinción, que concede o Ministerio de Educación a través da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, foilles concedida xunto á profesora do C.P.I. Suárez Marquier de O Rosal- Pontevedra, Esperanza Gesteira Losada, pola elaboración conxunta do proxecto “Monte sen Lume”.
Este traballo, no que participou o alumnado de ambos centros, xurdiu da preocupación destes docentes pola crecente deforestación do sur de Lugo e Pontevedra, pola acción dos lumes forestais. Os profesores galardoados xustificaron este proxecto na importancia da información e do coñecemento para a prevención dos lumes forestais, e que o mellor lugar para atallar esta situación é a escola.
Con esta finalidade, o alumando participante, dirixido por estes profesores, elaborou diversos xogos con programa Scratch, aínda novidoso nas aulas, e tamén varias apps para móbiles con utilidades relacionadas cos incendios forestais. Ademais, realizouse traballo de campo con enquisas e visitas a operativos de extinción.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
O Xeoparque Montañas do Courel lanzou un concurso para seleccionar o seu novo logo, adaptado ás
O Obradoiro Dual de Empleo Serra do Faro VIII está a facer unha importante contribución á
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,