Aposta pola vangarda tecnolóxica no proxecto “Mellor Monforte en 3D”

Impresoras 3D no Concello e nos tres institutos

•A Área de Cultura da Deputación e o Concello de Monforte asinaron un convenio para financiar este proxecto •O obxectivo é achegar a tecnoloxía á cidadanía

O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, asinan o convenio o pasado 14 de novembro en Lugo. GPVDL.
O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, asinan o convenio o pasado 14 de novembro en Lugo. GPVDL.

• Achegar as novas tecnoloxías á cidadanía, e responder ás inquedanzas dos máis novos na súa etapa formativa a través da utilización da vangarda tecnolóxica son os obxectivos do proxecto “Mellor Monforte en 3D”, que está a poñer en marcha o Concello de Monforte en colaboración coa Deputación de Lugo.

ACHEGA PROVINCIAL DE 2.759 EUROS PARA FINANCIAR A COMPRA DOS EQUIPOS
Dentro deste proxecto, o Concello vén de adquirir unha impresora profesional en 3D, así como os kits necesarios para poder construir outras tres. A montaxe destes equipos foi realizada por estudantes dos tres institutos da cidade do Cabe en tres xornadas de formación e traballo. Para financiar estes equipos, o Concello de Monforte contou co apoio da Área de Cultura da Deputación lucense, coa que vén de asinar un convenio por valor de 2.759 euros.
O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, explicou que con este convenio o Concello “poderá poñer ao servizo dos centros educativos e dos cidadáns o material necesario para poder desenvolver as tres xornadas de formación englobadas no Plan de promoción cultural das novas tecnoloxías na sociedade e no ámbito educativo”.

MONFORTE, CONCELLO PIONEIRO EN GALICIA NA APOSTA POLAS TECNOLOXÍAS DE VANGARDA
Esta iniciativa foi pioneira nos concellos de Lugo e de Galicia, xa que Monforte de Lemos foi o primeiro concello que puxo a disposición dos seus cidadáns un plan de formación e medios de impresión para que calquera poda executar os seus proxectos de deseño en 3D.

MÁIS ACTIVIDADES
Logo das tres xornadas de achegamento á tecnoloxía 3D e da montaxe das impresoras, tivo lugar unha xornada de portas abertas para dar a coñecer á cidadanía estes equipos e o seu funcionamento, así como os resultados que se obteñen da impresión en tres dimensións. Según explicou Outeiro, a partir de agora o Concello de Monforte deberá tomar a iniciativa para poñer en prática actividades e concursos nos centros de ensino e entre a cidadanía. O obxectivo debe ser, según Outeiro, “acadar unha introdución total na sociedade desta tecnoloxía, que está xerando moitas expectativas e que se supón que está chamada a revolucionar os procesos industriais tal e como os coñecemos hoxe en día”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Magosto con gaiteiros e confraternidade en Fontao

Seguinte Nova

A Consellería convocou este ano máis de 1.000 prazas de estadías lingüísticas en inglés para o alumnado

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: