O Misterio de Belén, a través do tempo e das culturas

A exposición “Beléns. De Asís a Compostela. Figuras, formas e motivos” pode verse na Casa da Cultura de Sarria ata o 30 de novembro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Dende África ata Perú, pasando por Rusia ou os Países Baixos, a pegada do Cristianismo deu como froito unha rica imaxinería en torno a un dos temas máis tradicionais no calendario relixioso, o Misterio de Belén. Este concepto foi impulsado por San Francisco de Asís, con gran acollida nos diversos territorios, que ao longo do tempo foron dando forma ao belén franciscano con materiais e estilos propios de cada cultura. Unha mostra desta creatividade pode verse ata o 30 de novembro na Casa da Cultura de Sarria, que acolle a exposición “Beléns. De Asís a Compostela. Figuras, formas e motivos”, con pezas procedentes de coleccións privadas.

DIVERSIDADE DE SOPORTES E MATERIAIS
O tradicional conxunto do Neno Xesús coa Virxe María, San Xosé e os animais da corte están representados nos máis diversos soportes, como un pandeiro peruano, unha matrioska rusa, obxectos votivos como cabazas ou ovos, ou un xoieiro. A exposicións de Sarria tamén inclúe un belén feito en madeira de acacia negra, procedente de Ghana, e unha pintura africana ao óleo. Tamén hai espazo para a modernidade, como os dioramas nos que se representa o belén insertado nun televisor ou nun monitor informático. Ademáis, a mostra da Casa da Cultura ofrece a posibilidade de contemplar unha orixinal e exclusiva colección do artista vallisoletano Miguel Ángel Soria, integrada por 24 cadros realizados a lápiz de cor e medias tintas sobre papel, inspirados na Historia Sagrada.

MOSTRA ITINERANTE POR VILAS XACOBEAS
Esta exposición está promovida por Turismo de Galicia, dentro do marco da Conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. Conxugando a divulgación do belén franciscano coa mentalidade xacobea, esta mostra itinerante está a desenvolverse, dende unha perspectiva unitaria, en diversas localidades situadas no Camiño de Santiago. Ademais de Sarria, a exposición de beléns poderá verse nos vindeiros meses nas localidades de Burgos, Carrión de los Condes, Astorga, Roda e Medina de Rioseco, Portomarín, Santiago de Compostela e Ourense. (Fotos: EC).•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os Orzamentos Participativos de 2015 destinan o 85% dos investimentos ás tres áreas consideradas prioritarias pola veciñanza

Seguinte Nova

INDIGNACIÓN CIDADÁ NA POBRA DO BROLLÓN POLOS RECORTES DE SANIDADE NO RURAL

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: