A Xunta valora que o novo Ministro de Xustiza manteña o compromiso de non tocar a planta xudicial

Durante a Conferencia Sectorial de Xustiza, celebrada o día 6, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, valorou o compromiso do Ministerio para que a Lei Orgánica do Poder Xudicial non siga adiante no que se refire á modificación da planta xudicial, tal e como xa avanzara o anterior titular de Xustiza. No encontro dos responsables de Xustiza autonómicos co novo ministro, Rafael Catalá, Rueda pediu ao Ministerio que parte do recadado coas taxas xudiciais se empregue en sufragar o incremento dos custes da Asistencia Xurídica Gratuíta. O ministro comprometeuse a estudar a proposta e trasladarlla ao Ministerio de Facenda, ao tempo que lle comunicou que se traballa para asinar coas Comunidades Autónomas convenios de cofinanciación neste punto durante a tramitación dos Presupostos Xerais do Estado para o vindeiro 2015.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alumno do IES A Pinguela David Prieto López, medalla de prata no Campionato Galego de Formación Profesional Galicia Skills 2014

Seguinte Nova

A Plataforma Sarriana polo Río cualifica a nova ponte do Toleiro como “a ponte da vergoña”

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: