A Asociación de Veciños de Rioseco realizou unha viaxe cultural a Ribadeo

A expedición de Rioseco fixo parada na Praia das Catedrais, na súa viaxe a Ribadeo. (Foto cedida).
A expedición de Rioseco fixo parada na Praia das Catedrais, na súa viaxe a Ribadeo. (Foto cedida).

• O pasado 26 de outubro, un grupo de veciños e veciñas do barrio monfortino de Rioseco realizaron unha visita a Ribadeo. Os membros da Asociación de veciños de Rioseco foron recibidos pola Concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Mª Teresa González Piñeiro, e pola Concelleira de Turismo e Desenvolvemento Local, Ana Mª Martínez.
Ao longo desta xornada, estiveron acompañados pola técnico de Turismo do Concello de Ribadeo, Begoña García López, quen ofreceu aos visitantes monfortinos as claves dos principais puntos de interés da vila mariñana.
A expedición visitou a Praia das Catedrais, declarada Monumento Natural e Lugar de Interés Comunitario (LIC), e que está a ser un dos lugares máis visitados de Galicia pola súa beleza e singularidade. A visita dos veciños e veciñas de Rioseco discurriu ademais polo centro de Ribadeo, onde puideron coñecer a arquitectura da contorna da Praza de España, centro neurálxico desta vila, así como o casco histórico, declarado Ben de Interés Cultural (BIC), e o barrio indiano de San Roque. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IES Lama das Quendas participou no V Día da Ciencia en Galego cunha videoconferencia

Seguinte Nova

A Área de Benestar da Deputación segue a apoiar as iniciativas dos colectivos sociais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: