Crónica del sur de Lugo

O titular de Medio Rural presidiu a constitución do Consello de Zona en Monforte

O conselleiro Samuel Juárez e algúns dos alcaldes da zona sur de Lugo durante a creación do Consello. XG

Monforte foi o escenario da recente constitución do Consello de Zona de Lugo Sur, dentro do protocolo xeral que coordinará os plans da Lei de desenvolvemento sostible do medio rural, e do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible 2010-2014. Para a súa constitución, o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, acompañado polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, desprazáronse ata a cidade do Cabe. Este órgano, que abarca os concellos das comarcas de Terra de Lemos e Chantada, recibirá as propostas para a elaboración do plan de zona onde se recollerán definidas as actuacións a acometer en dita área. É de destacar que no Consello de Zona están representados a Xunta, tres alcaldes a proposta da Fegamp, sindicatos agrarios e de clase, representantes do grupo de desenvolvemento rural, asociacións de mulleres rurais e colectivos conservacionistas; mentres que os concellos integrados son os de A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Chantada e Taboada. A Lei de Desenvolvemento Sostible afecta a todas aquelas competencias e actuacións con impacto no medio rural. Con este Consello atenderánse aspectos como o apoio á agricultura territorial ou as enerxías renovables.

De igual xeito, quedou constituído o Consello de Zona da Montaña Lucense, onde, seguindo as mesmas liñas, integráronse municipios como Ribas de Sil, Quiroga ou Baralla.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio