Case 12 millóns, orzamento para 2011

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, e Mª Xosé Vega, concelleira de Promoción Económica, na presentación dos orzamentos para 2011. EC

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e a concelleira de Promoción Económica, María Xosé Vega, deron a coñecer os orzamentos para este 2011, que suman en total 11.910.246,55 euros, un cifra inferior nun 1,25% respecto aos anteriores.

En canto ás áreas que máis baixan destacan Cultura (un 19%), e Turismo (un 14%), pero tamén o obradoiro de emprego e a promoción económica, sinalou Buján. Pola súa parte, entre as áreas que suben atópanse Urbanismo (un 46%), Servizos Sociais (13%), obras urbanas e tamén a limpeza dos ríos e tratamento de residuos.

Segundo explicou a responsable económica, “por parte da Deputación obtemos subidas bastante notables nas súas aportacións en Cultura, Deportes e Educación, Turismo ou Benestar, ao igual que por parte do goberno do Estado, que non cortou a financiación senón que ainda subiu un pouco, mentras que a que curiosamente baixa é a participación nos orzamentos da Xunta, con 67.000 euros menos, así como unha diminución nas subvencións para prevención de drogas, o CIM, as escolas de música e danza, a gardería municipal e o conservatorio”. Finalmente, Buján quixo destacar que se trata duns orzamentos que manteñen as inversións, como a rehabilitación do casco vello, e o saneamento e abastecemento de augas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo comprométese en Monforte cos servizos sociais

Seguinte Nova

Os socialistas monfortinos advirten sobre a Lei de Augas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: