Cheo total nos Trens Turísticos das rutas pola Ribeira Sacra

A ruta Valdeorras-Ribeira Sacra acadou un 100% de ocupación, e o Tren da Ribeira Sacra rondou o cheo total

O Tren da ruta Valdeorras-Ribeira Sacra foi o máis demandado.  CTRS.
O Tren da ruta Valdeorras-Ribeira Sacra foi o máis demandado. CTRS.

• A campaña dos Trens Turísticos posta en marcha por Turismo de Galicia en colaboración con RENFE, completouse en setembro con 2.002 viaxeiros e unha ocupación do 81,71%. Esta iniciativa, que chegou á súa segunda edición, promove un produto turístico innovador e de calidade, xa que resalta outros produtos turísticos diferenciais e pon en valor recursos propios de cada territorio.

5 NOVAS RUTAS POLAS TERRAS DOS VIÑOS
Dado o éxito acadado na estrea desta iniciativa o ano pasado, este verán extendeuse a campaña a cinco novos percorridos, que incluían as zonas vitivinícolas de Galicia. Deste xeito, á Ruta dos Faros entre Ferrol e Ribadeo, e a Ruta da Camelia, entre Santiago e Vigo, este ano os visitantes puideron disfrutar das rutas polas Denominacións de Orixe de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras.
Outra novidade foron os paquetes de fin de semana que combinaban Rutas en Trens Turísticos cunha pernoita nun hotel galego, e combinados de fin de semana dende outras cidades de España. A campaña desenvolveuse entre o 15 de xuño e o 28 de setembro, con percorridos alternativos cada 15 días os sábados e domingos.
DATOS DE OCUPACIÓN POR RUTAS
Según Turismo de Galicia, o 28,32% dos usuarios dos Trens Turísticos empregaron a opción de aproximación, que permitiu que os viaxeiros se achegasen de xeito gratuíto ás estacións de partida dos trens turísticos desde A Coruña a Ferrol e Santiago, e desde Santiago a Ourense.
Xa en canto as diferentes rutas dos Trens Turísticos, a de Valdeorras-Ribeira Sacra acadou o 100% de ocupación, xa que se encheron as 300 prazas dispoñibles. Pola súa banda, o tren da Ribeira Sacra tivo unha ocupación do 99,71%, con 349 prazas ocupadas. En terceiro lugar, o tren con máis ocupación foi o da Ruta dos Faros Ferrol-Ribadeo, co 96,67% e 406 prazas ocupadas. O tren dos Pazos e os Xardíns Históricos rexistrou un 90% de ocupación, e acolleu a 180 viaxeiros. O servizo da Ruta do viño das Rías Baixas transportou 250 pasaxeiros, o que supuxo unha ocupación do 83,33%.
O Tren da Ruta dos Faros entre Ribadeo e Ferrol pechou a tempada co 71,1% de ocupación, transportando 128 viaxeiros. Pola súa banda, o Tren da Ruta do Ribeiro-Rías Baixas acadou o 57,71% de ocupación, mentres que o Tren turístico da Ruta do viño de Monterrei cubriu 183 prazas, o que supuxo unha ocupación do 52,29%.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón acolleu a final do IV Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Seguinte Nova

Insatisfacción xeral polos investimentos estatais para o vindeiro ano na nosa provincia

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: