UGT-Lemos alerta da alta porcentaxe de precariedade nos novos contratos

O sindicato UGT-Lemos denunciou que o 93,68% dos contratos asinados en setembro son temporais.Arquivo EC.
O sindicato UGT-Lemos denunciou que o 93,68% dos contratos asinados en setembro son temporais.Arquivo EC.

• O sindicato UGT-Lemos vén de dar a voz de alarma ante a situación do emprego nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga. A formación sindical ve con «gran preocupación» a alta porcentaxe de contratos temporais que se están a rexistrar. Según os datos aportados por este colectivo, en setembro foron asinados un total de 1.226 contratos nestas tres comarcas, dos que 1.158 foron temporais, o que supón un 93,68%.

O 75,9% DOS CONTRATOS DE SETEMBRO FORON NO SECTOR DE SERVIZOS
Dende UGT-Lemos valoran «positivamente» o aumento na contratación, en relación ós 24 contratos máis rexistrados respecto ó mes de agosto, aínda que manifestaron a súa preocupación porque o 75,9% do total de contratos de setembro corresponda ó sector servizos.

UGT-LEMOS DENUNCIA A CAÍDA DA TAXA DE COBERTURA POR DESEMPREGO NO SUR DE LUGO
Por outra banda, dende este sindicato preocupa especialmente a caída nun 5% da taxa de cobertura por desemprego rexistrada nas comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada no mes de setembro. Según os datos ofrecidos por esta formación sindical, nestas tres comarcas só 6 de cada 10 parados están a cobrar prestación, o que supón que dos 3.347 desempregados rexistrados en setembro o 40% están excluídos de axuda.
Asimesmo, o sindicato considera «positiva» a diminución en 65 do número de parados respecto ó mes pasado, e que supón un aumento da contratación en todos os sectores.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PROGRAMA FALAREDES LEVOU A BÓVEDA OS FADOS EN GALEGO

Seguinte Nova

O BNG considera «insultante» que «o PP fale da saída da crise cando na provincia de Lugo hai 22.800 persoas en paro»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: