O PROGRAMA FALAREDES LEVOU A BÓVEDA OS FADOS EN GALEGO

Dentro do programa Falaredes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, está incluído o espectáculo «Os sons do vento que pasa», que recalou en Bóveda a comezos de outubro, nun percorrido por 36 concellos galegos que rematará a mediados de decembro. Este espectáculo está pensado para todos os públicos, e demostra que calquer tipo de música, neste caso os fados, se pode facer na lingua propia de Galicia. Da man de Gonzalo Guerreiro e Dani Pais, o tradicional fado segue a manter o seu encanto orixinal, aínda que actualizado con guitarra eléctrica e xogos de iluminación para facelo máis atractivo ó público máis novo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria e Monforte, sedes da UNED Senior

Seguinte Nova

UGT-Lemos alerta da alta porcentaxe de precariedade nos novos contratos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: