Nova edición do programa de igualdade e prevención da violencia de xénero en Monforte

Para o alumnado de 3º de ESO

• Un ano máis, os centros de Ensino Secundario de Monforte acollerán o Programa Coeducativo de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero, promovido pola Concellería de Igualdade de Monforte a través do Centro de Información á Muller (CIM).

LIBERDADE E RESPECTO
Este programa, que se dirixe ó alumnado de 3º curso de ESO, ten como obxectivo sensibilizar ó alumnado na igualdade entre homes e mulleres e a promover unhas relacións persoais baseadas na liberdade e o respecto, previndo situacións de desigualdade e violencia e rexeitando calquera manifestación das mesmas.
O programa inclúe un total de nove sesións, de periodicidade mensual, entre outubro e xuño nos IES Daviña Rey, A Pinguela, CPR Fundación Educativa Torre de Lemos, e CPR Ferroviario.
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN POR UNHA LINGUAXE NON SEXISTA
Dentro desta liña de traballo, a Concellería de Igualdade está a distribuír un tríptico con recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a utilización dunha linguaxe que non discrimine ó colectivo feminino, que suporía a creación de barreiras invisibles de grave repercusión no proceso de participación das mulleres na sociedade actual.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O COMERCIO ASOCIADO DE SARRIA ENTREGOU OS VALES PREMIADOS NA XI FESTA DOS MAIORES

Seguinte Nova

Sarria e Monforte, sedes da UNED Senior

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: