Monforte, sede do curso de monitores de fútbol base

• O Concello de Monforte e a Escola Galega de Adestradores de Fútbol organizan de novo un Curso de Monitor de Fútbol Base, que se desenvolverá un ano máis na cidade do Cabe.
O curso iniciarase o día 3 de novembro e rematará o 29 de xaneiro de 2015, cun total de 65 horas lectivas. As clases teóricas desenvolveranse no Pavillón Municipal da Pinguela, e as sesións prácticas no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas. As clases celebraranse os luns e xoves, agás o xoves 25 de decembro, de 20 a 23 horas. A inscrición está aberta ata cubrir as 35 prazas ofertadas. A documentación requirida deberá entregarse na Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía. O prezo do curso é de 150 euros, cantidade que se deberá ingresar na conta bancaria correspondiente da entidade Abanca.
A partir da tempada 2015-2016 será preceptivo contar con título para adestrar nas categorías inferiores. A Escola achega o curso a localidades de certa entidade para facilitar a formación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os deportistas do Neka engaden 16 metais ó medalleiro para esta tempada

Seguinte Nova

As cláusulas sociais da Deputación blindan os empregos de 40 traballadoras da limpeza

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: