Os deportistas do Neka engaden 16 metais ó medalleiro para esta tempada

Resultados do VIII Torneo Cidade de Vilalba de Taekwondo

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Un total de 16 medallas foi o resultado da participación do club Neka no VIII Torneo provincial Cidade de Vilalba, no que tamén quedou campión na modalidade masculina, e nun destacado terceiro posto na feminina.

16 TAEKWONDISTAS, NO PODIO DA COMPETICIÓN PROVINCIAL
Os deportistas que acadaron podiu na proba de Vilalba, disputada o sábado 11 de outubro, foron Betixa Carrera, Víctor Martínez, Carla Pardo, Sydney Rodríguez, Nerea Fernández, Marco García, Christofer Elías, Marina Villar, Yasmin Rodríguez, Carlos Fernández, Raúl Vázquez, José Roca, Alejandro Losada, Saúl Martínez, Samuel López e Carlos Rey.

PROBAS PREPARATORIAS PARA CAMPIONATOS REXIONAIS OU NACIONAIS
«Sempre saímos con intención de gañar, así que este resultado está máis que ben», apuntou José Mª Vega, adestrador do club Neka, que destacou a importancia de acudir a este tipo de probas, «xa que son torneos que están moi ben porque dan experiencia ós rapaces e rapazas, para irse preparando cara competicións de maior nivel, como os campionatos autonómicos ou nacionais».
Dentro desta liña de traballo, o club Neka participará con media ducia de deportistas no Torneo de Ribeira, que se disputa o sábado 18 de outubro na modalidade de combate. Ademais, xa están a preparar a importante cita de decembro en Pontevedra do Campionato de España de Clubes, no que o clube monfortino estará representado por máis dunha ducia de deportistas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ACES Sarria pon en marcha a campaña “Sorteo de Outono” ata o 5 de novembro

Seguinte Nova

Monforte, sede do curso de monitores de fútbol base

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: