Éxito da primeira edición do Viñobús Vendima

Nova iniciativa do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Dende o Consorcio valoraron como «realmente satisfactoria» a experiencia tanto dos adegueiros como dos 39 visitantes que se converteron en viticultores por un día

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A última fin de semana de setembro desenvolvéronse as dúas xornadas do Viñobús Vendima 2014, unha nova iniciativa posta en marcha polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, e que permitiu ós participantes vivir como viticultores en diversos puntos dos bancais do Miño e do Sil.

A VENDIMA EN DIRECTO
Un total de 39 persoas, repartidas en tres grupos, participaron activamente nas actividades propias da recollida da uva e da obtención do mosto nas adegas Roberto Regal, Mondelo e Primitivo Lareu, acollidas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Cabe destacar que a metade dos inscritos nesta actividade procedían da provincia de A Coruña, aínda que houbo tamén participantes doutros puntos de Galicia, así como do País Vasco e León. A demanda superou todas as expectativas da organización, que en apenas catro días dende o anuncio da actividade cubriu a totalidade das prazas. Dado que a experiencia resultou «realmente satisfactoria» tanto para os adegueiros como para os participantes, dende o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra traballan xa para preparar a segunda edición, o próximo ano, do Viñobús Vendima.

DATOS DA VENDIMA
Na Ribeira Sacra, os traballos de vendima comezaron este ano o día 4 de setembro, aínda que a data recomendada dende o Consello Regulador foi o 18. A finais de setembro, superábanse os tres millóns de quilos de uva recollidos en preto de 80 das 97 adegas acollidas a esta Denominación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formación teatral para profesionais en Monforte co programa Buxiganga

Seguinte Nova

Sober segue a renovar o seu aspecto urbano

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: