Aberto o prazo de inscrición no programa Termalismo no Camiño, con descontos en tratamentos termais para lucenses maiores de 50 anos

O programa oferta 1.200 prazas en tres balnearios lucenses, entre eles o OCA Augas Santas de Pantón

O OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort está integrado no programa Termalismo no Camiño, promovido pola Deputación de Lugo, e que ofrece tratamentos subvencionados con estadías de 6 días para lucenses maiores de 50 anos. Arquivo EC.
O OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort está integrado no programa Termalismo no Camiño, promovido pola Deputación de Lugo, e que ofrece tratamentos subvencionados con estadías de 6 días para lucenses maiores de 50 anos. Arquivo EC.

• Dende este mes de agosto e ata decembro, os lucenses maiores de 50 anos poderán disfrutar das 1.200 prazas subvencionadas pola Deputación de Lugo en tres balnearios da nosa provincia, dentro do programa Termalismo no Camiño. A acollida desta iniciativa provincial comezou con boas perspectivas, dado que nos primeiros dous días de prazo xa se anotaron 100 persoas.

1.200 PRAZAS SUBVENCIONADAS POLA DEPUTACIÓN PARA PROMOVER O BENESTAR E IMPULSAR O SECTOR TERMAL NA NOSA PROVINCIA
O programa Termalismo no Camiño está destinado a lucenses maiores de 50 anos, co obxectivo de potenciar o benestar social e o turismo medioambiental a través de 1.200 prazas subvencionadas para tratamentos de balneario. Esta iniciativa da Deputación de Lugo busca ademais impulsar un sector “clave para a economía lucense como é o termalismo, que xera riqueza e emprego e contribúe a combater o despoboamento”, según explicou a deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, durante a presentación desta cuarta edición do programa Termalismo no Camiño. Izquierdo lembrou que 150.000 persoas visitan Galicia cada ano para disfrutar das súas augas mineromedicionais, nun sector que xera 126 millóns de euros ó ano.
O organismo provincial destina para esta edición do programa un total de 60.000 euros, procedentes de fondos europeos, nunha iniciativa que beneficiou a preto de 3.000 lucenses nas tres edicións anteriores.

“DEFENSA DOS DEREITOS DOS TRABALLADORES” NO CONCURSO PÚBLICO DOS BALNEARIOS
Este ano, serán tres os balnearios que participen no programa Termalismo no Camiño. O Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas ofrecerá 30 prazas, o Hotel Balneario Río Pambre contará con 200, e o Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort ofrecerá 970 prazas. Estes tres establecementos foron os beneficiarios do concurso público desta programación, e ó que puideron optar os balnearios da provincia que empreguen as augas mineromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde, segundo establece a lei de regulación de augas minerais, termais e de manancial da Comunidade galega. Asimesmo, e según explicou o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o concurso público para os establecementos que optaran ás prazas subvencionadas establecía os requisitos estipulados na Lei de Subvencións, e ademais, outros esixidos polo organismo provincial na súa aposta polos dereitos dos traballadores. Según isto, os establecementos non poden ter solicitado a declaración de concurso voluntario; non estar declarados insolventes ou en concurso; non estar sancionados mediante resolución firme coa perda de obter subvencións; ou estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias, entre outros requisitos.•

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA TERMALISMO NO CAMIÑO

•Duración do programa: de agosto a decembro de 2014.
•Prazas por balneario: 30 no Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas; 200 no Hotel Balneario Río Pambre; e 970 no Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort de Pantón.
•Prezos: A Deputación de Lugo subvenciona con 50 euros cada unha das 1.200 prazas ofertadas. Unha vez aplicado este desconto, os prezos son de 80 e 84 euros os tratamentos sen estancia, e de 180 euros con estancia.
•Paquete de servizos:
O paquete completo ofertado polos tres balnearios participantes no programa Termalismo no Camiño inclúe:
*6 días con 5 noites de estancia (entrada en domingo e saída en venres)
*5 pensións completas
*cea e aloxamento o día de chegada
*almorzo e comida o día de saída
*recoñecemento médico ó chegar
*oito técnicas de balneario
*actividades de animación sociocultural de luns a xoves

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Apoio institucional ó programa do XVI Irmandamento Sarria-Guerlédan, que este ano visita terras bretonas

Seguinte Nova

Asesoramento gratuíto ós cidadáns para aforrar na factura da luz

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: