Apoio institucional ó programa do XVI Irmandamento Sarria-Guerlédan, que este ano visita terras bretonas

• Do 12 ó 19 de agosto, un grupo de sarriáns visita a localidade bretona de Guerlédan para celebrar a cita anual do Irmandamento entre ambas vilas. Este encontro, que cumple a súa decimosexta edición, celebrouse o ano pasado en Sarria, e será nesta ocasión cando unha representación sarriá actúe como embaixadora da riqueza cultural, patrimonial e natural da nosa provincia en terras da Bretaña.
O programa do XVI Irmandamento Sarria-Guerlédan conta co apoio do Concello de Sarria e da Deputación de Lugo, “xa que todos arrimamos o ombro e traballamos en conxunto, deixando ás ideoloxías de lado, para consolidar ano a ano un evento desta importancia”, según destacou o concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez, durante a presentación do programa o pasado día 5.
O responsable municipal e a presidenta da asociación Irmandade Sarria-Guerlédan, Elvira Vila, agradeceron o apoio da Deputación á iniciativa, coa que o organismo provincial pretende “a promoción internacional das nosas Reservas da Biosfera, xa que isto axuda a darlle visibilidade a estes espazos naturais e a toda a provincia”, según precisou a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo. Visitas a enclaves naturais e fábricas de produtos autóctonos; música e cultura popular; charlas e mesas redondas a cargo de profesores de universidades francesas sobre temas de actualidade, son algúns dos actos previstos no programa. O día 17 terá lugar a sinatura oficial da Carta de Irmandade cos representantes de ambas vilas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os comercios e negocios hostaleiros de Sarria distribuirán un novo rueiro turístico da vila xacobea

Seguinte Nova

Aberto o prazo de inscrición no programa Termalismo no Camiño, con descontos en tratamentos termais para lucenses maiores de 50 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: