Descontos, viaxes e exposicións en Pantón

• A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Pantón ten en marcha varias actividades. Así, informou de que os usuarios de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos xa contan co prazo aberto para poder participar no programa Noites Saudables, que da a oportunidade de acceder a instalacións termais como o balneario de Pantón a moi baixo custe. Outra das actividades é unha viaxe totalmente gratuíta organizada por dita oficina, para estar presentes na grabación do programa Land Rober da TVG e participar como público. Á viaxe están convidados todos os veciños ata completar 50 prazas. Para apuntarse, os interesados poderán facelo no edificio sociocultural do concello, ou chamando ao número 982456377. A viaxe está programada para o día 1 ou 17 de marzo á espera da confirmación por parte da Televisión de Galicia. Por outro lado, dende a OMIX de Pantón tamén informaron de que xa está aberto o prazo para participar no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mundo, polo que se pretende que os mozos poidan coñecer outros países. Xa por último, tamén lembraron que o Concello, en colaboración coa Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, ven de inaugurar a exposición “A Muralla de Lugo: Pegadas arqueolóxicas da muralla”. A mostra pode visitarse no edificio sociocultural gratuítamente

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

José Luis Álvarez, alcalde e candidato do PP en Pantón

Seguinte Nova

A punto de aprobarse o Plan de Comunidades Veciñais 2011: Unha ducia de solicitudes en Pantón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: