Monforte lembra a Manuel María

Presentada “Galiza”, obra inédita do autor, e o proxecto da Casa Museo

Portada do libro “Galiza”, de Manuel María. EC

O pasado 25 de febreiro, a Galería Sargadelos de Monforte acolleu a presentación da obra inédita de Manuel María, titulada “Galiza”, así como o proxecto da Casa Museo do escritor que está a promover a Fundación que leva o seu nome, e que estará radicada na casa natal do poeta en Outeiro. “Galiza” sae á luz da man desta Fundación, con ilustracións de Xosé Cobas e fotografías de Manuel Graña, e reproduce un texto mecanografado polo autor que permanecía gardado no seu arquivo particular con todas as indicacións para a súa publicación. Segundo indicaron Manuel Rajo, amigo do escritor, e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, na presentación da obra, “Galiza” supón unha “síntese sobre o propio país, a súa historia, xeografía, arte, literatura e outros aspectos”. No evento monfortino estivo presente a viúva do poeta, Saleta Goy.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Saviñao, destino dun grupo de visitantes de Km0

Seguinte Nova

O Museo do Ferrocarril, máis preto dos rapaces

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: