Crónica del sur de Lugo

O Saviñao, destino dun grupo de visitantes de Km0

Dentro do programa Km0 da Deputación, o concello de O Saviñao foi o escenario da visita dun grupo de 48 persoas, pertencentes á Asociación Española contra o Cancro de Lugo, que fixeron un percorrido polo municipio. Tras ser recibidos na sede da do organismo provincial, os 48 viaxeiros partiron ata o Mazo de Santa Comba, e fixeron parada para o xantar no restaurante Durán de Escairón. Xa máis tarde, foi o turno dunha visita ao miradoiro Cabo do Mundo, un paseo pola praia da Cova e unha cata de viños nunha adega de Chantada. O obxectido deste programa de rutas Km0 da Deputación é contribuír ao impulso do sector hostaleiro nos concellos, como o do Saviñao. Deste xeito, os participantes na iniciativa desfrutan da gastronomía nos establecementos locais, ao tempo que supoñen un importante estímulo na actividade hostaleira dos municipios.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir a Inicio